Hoxe rematou o concurso de cociña
Bocuse d'Or, celebrado na cidade francesa de Lyon, como parte do
Sirha ou o que é o mesmo, o
Salón Internacional da Restauración, a Hostalería e a Alimentación. O Bocuse d'Or está considerado como o concurso gastronómico máis importante e máis prestixioso do mundo.
Os escandinavos, como era de agardar, volveron a copar os primeiros postos, xunto cos franceses.
Gañador: NoruegaO gañador foi o equipo noruego co chef
Geir Skeie á cabeza, que recibirá como premio, ademais do trofeo de ouro, un premio en metálico que ascende a 20.000€.
O
segundo clasificado foi o equipo sueco capitaneado por
Jonas Lundgren , que recibirá o trofeo de prata e 15.000€ en metálico.
E o
terceiro clasificado foi o equipo francés de
Philippe Mille, do restaurante do
Hôtel Le Meurice de París, e que recibirá, ademais do trofeo de bronce, un premio en metálico de 10.000€.
O noso representante,
Ángel Palacios, do madrileño restaurante
La Broche, quedou nun discreto 20º posto dun total de 24 participantes, aínda que o obxectivo español era quedar entre os seis primeiros clasificados. Aquí vos poño a ligazón á
clasificación final na que aparecen tódolos participantes.
Geir Skeie é o chef do resturante
Mathuset Solvold, de Sandefjord, e xa resultara vencedor do Bocuse d'Or europeo celebrado o pasado verán.
Tódolos participantes tiñan a obriga de usar bacallao noruego para o prato de peixe e carne de vacún da raza
Aberdeen Agnus escocesa para o prato de carne.
O seu prato de peixe para esta ocasión era
Bacallao con kokotxas "lixeiramente afumadas", chícharos, gambas, cebola, e acompañamento de dados de remolacha con boniato e trufas negras, e unha emulsión de Riesling:
A carne preparouna con foie gras de pato e moita trufa negra.
Cando subíu a recibir o premio, Geir berrou a xa famosa frase de
"Yes, we can", o lema da campaña de Barack Obama nos Estados Unidos. O que debían estar pensando os españois cando o oíron sería
"Yes, can we...?", por iso de que en practicamente tódalas edicións deste concurso saíron vencedores os escandinavos ou os franceses.
O ano que vén celebrarase en Suiza a edición do Bocuse d'Or europeo, como paso previo ó Bocuse d'Or mundial de dentro de dous anos. Esperemos que o representante español (a min gustaríame moito que fose galego) acade un mellor posto. De tódolos xeitos, non se debe esquecer que o mero feito de estar presente é xa de por si todo un premio.
Este é o artigo que che decía o outro día, Los fogones le dan al fino.
ResponderEliminarhttp://www.elpais.com/articulo/Tendencias/fogones/le/dan/fino/elpepitdc/20090116elpepitdc_1/Tes
Vemonos.