martes, 14 de xullo de 2009

Vídeo resumo Obradoiro de elaboración de queixo D.O. Arzúa-Ulloa

Onte atopeime no meu correo coa agradable sorpresa de que se me enviou un vídeo que resume o Obradoiro de elaboración de queixos do D.O. Arzúa-Ulloa que tivo lugar na queixería Agro Despensa, situada no pequeno pobo de Murgás (concello de Touro, A Coruña), e ao que tiven a sorte de poder asistir fai xa algo máis de catro meses, en compañía doutros editores de blogs.

Este taller formaba parte das actividades programadas para a 34ª edición da Festa do Queixo, que tivo lugar en Arzúa os días 13, 14 e 15 de marzo de 2009. Este vídeo foi gravado o sábado 7 de marzo, o mesmo día que comezaban as actividades relacionadas coa festa. Á espera da edición do vídeo oficial, que parece ser que se vai a demorar un pouco, aquí poño este realizado por Pablo Javier Damonte, de El sur se mueve, a modo de aperitivo:



É díficil resumir en 15 minutos unha xornada tan intensa, pero queda bastante ben reflectido todo o que ocorreu aquel día.

Grazas Pablo Javier por enviarmo e Pablo Alejos por lembrarmo.

Un saúdo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario