Ben, pois hoxe fíxose oficial a volta á vida rutinaria, cousa que tampouco está demasiado mal. Volta ó traballo despois duns días de comilonas familiares, presas para mercar os agasallos, felicitacións, colas interminables á hora de pagar, locais ateigados de xente que "vuelve a casa por Navidad"... Camiñando pola rúa, máis que parecer as festas de Nadal parece o entroido de Río, coas aglomeracións de xente e cos sons dos silbatos, que non proveñen dunhas esculturais brasileiras bailando a ritmo de samba, senón dos municipais que se volven tolos para tratar de organizar o caótico tráfico propio destas datas.
E falando de ritmos brasileiros, mañá volven tamén as clases de música dos venres na Escola de Música, e os ensaios cos Combitos, que ultimamente están poñendo os seus ollos no outro lado do charco, e que están tratando de sacar algún bo sonido de dous magníficos temas:
Desde Brasil: Wave, de Antonio Carlos Jobim.
Aquí temos a Jobim co seu grupo, e con Toquinho á guitarra, interpretando este clásico da música brasileira:
E desde os Estados Unidos: Watermelon Man, de Herbie Hancock.
Este tema é un must para tódolos músicos que se inician no fantástico e marabilloso mundo do jazz. Aquí temos ó propio Hancock interpretando este clásico seu no piano:
Mañá xa veremos como afectou o parón navideño á nosa interpretación...
Kimchi Soup
Hai 4 días
Primer intento de cocinar Arroz caldoso con cochayuyo, mejorable. Pero hay buena base, la próxima vez saldraá mejor. Y es que la prisa no es buena consejera
ResponderEliminarNo desesperes, la segunda vez las cosas normalmente salen mejor que la primera...
ResponderEliminarNos vemos