venres 16 xaneiro 2009

Jobim vs Chopin

Non, isto non é un combate entre dous monstros da música ó estilo Alien vs Predator, non. Explícome.

Onte, como cada venres, houbo na Escola de Música nova sesión musical dos Combitos, e como cada venres tocou repaso dos temas que estamos a preparar agora e que xa mencionei nalgunha entrada anterior (Watermelon man, de Hancock e Wave e de Jobim). Tamén onte comezamos a preparar un tema radicalmente distinto ó esilo ó que estamos acostumados: Sweet Child of Mine, dos Guns'n'Roses. Este tema tráeme un montón de recordos de cando nos xuntabamos, hai xa uns cantos anos, para facer ruido, porque tratábase diso precisamente, de facer canto máis riudo mellor. Pero afortunadamente os tempos cambian, a xente madura (case sempre), e os gustos musicais vanse suavizando, pulindo... Agora xa non importa tanto a cantidade, senón a calidade, e eu diría que esta premisa pódese aplicar a case todas as facetas da vida.

Pero volvendo ó jazz, ou á bossa nova neste caso, onte tamén tocou repasar outro tema de Jobim que xa preparamos hai un par de anos: How Insensitive, coñecido en portugués co nome de Insensatez:



A versión desta canción que aquí vos traio está interpretada por Olivia Ong (Singapur, 1985).

Nós levábamos tempo sen tocala, e notouse bastante, pero xa volveremos a facer que soe ben, espero...

Díse que este tema de Jobim está libremente baseado noutro tema moi anterior doutro grande (aínda que este apelativo se queda corto) da música, neste caso clásica. Nin máis nin menos que Frédéric Chopin , que compuxo o seu Preludio Op.28 nº4 en mi menor arredor de 100 anos antes:



Aquí temos este fermoso tema de Chopin interpretado ó piano por Tzvi Erez, pianista israelí. Puro romanticismo.

Parécense os dous temas ou non?

Ningún comentario:

Publicar un comentario