
Xa falaramos un par de veces da cervexaría Brewdog de Fraserburgh, Aberdeenshire (Escocia), famosa por fabricar as cervexas máis fortes do mundo, e tamén pola guerra aberta que mantiñan coa cervexeira alemá Schorschbräu. Estas dúas cervexarías viñan disputándose desde facía uns meses o título de "cervexeira que fabrica a cervexa máis forte do mundo", e tamén, aínda que de maneira subliminar, o orgullo patriótico de cada unha delas.
Todo comezou cando os rapaces de Brewdog anunciaron que fabricaran a cervexa máis forte do mundo: a Tactical Nuclear Penguin, de 32% de alcol.

Isto non gustou aos alemáns de Schorschbräu, que responderon dicindo que eles xa presentaran, aínda que sen tanta publicidade, a súa Schorschbock de 40% de alcol.

Os escoceses responderon tres meses máis tarde coa súa Sink the Bismarck, de 41% de alcol, en clara alusión ao afundimento do famoso acoirazado alemán por parte dos aliados.

Sink the Bismarck! from BrewDog on Vimeo.
Cando parecía que os de Schorschbräu, máis comedidos, non ían responder a tal provocación, sacan no mes de maio a súa Schorschbock de 43% de alcochol...
...baixo o titular de: The Frankonian Empire strikes back! (O Imperio Alemán devolve o golpe), e terminan cun: 'cause Frankonian men don't dress like girls (supoño que non necesita tradución, non?...hh)

Pois ben, alguén esperaba que a xente de Brewdog non fose responder a isto?
A resposta apareceu onte mesmo na páxina web de Brewdog: The End of History.

The End of History é unha Ale belga loura, de 55% de alcol en volume, macerada con estrugas das Highlands escocesas e con bagas de xenebreiro.
Por suposto, tamén hai vídeo promocional:
The End of History from BrewDog on Vimeo.
O nome desta cervexa está sacado do libro O fin da historia e o último home (The End of History and the Last Man) escrito polo filósofo americano de orixe xaponesa Francis Fukuyama. Neste controvertido libro, Fukuyama define a historia como a evolución do sistema político, e di que a democracia occidental é o punto final na evolución política do ser humano e, por tanto, da historia. James Watt e Martin Dickie escolleron este nome para a súa cervexa porque con esta cervexa pretenden pór un punto e final na evolución "alcólica" da cervexa, o final da cervexa, o "non vai máis"...
Ah! Por se alguén estaba interesado en mercar algunha das 12 botellas, dicir que xa están esgotadas a pesar do seu prezo: 700£ (840€) o esquío e 500£ (600€) o armiño.
En fin, haberá que ver se hai resposta por parte de Schorschbräu, porque eu non estou moi seguro de que sexa este o Fin da Historia...
Saúde!!!
Teño no forno a torta de millo de Guitiriz, a ver que tan sae. O meu molde debe ser un pouco máis grande co teu e a masa quedou moi baixiña, debería ser de 8 ovos. Agora xa medrou un pouco, espero que non baixe ó sacalo de forno. Por fóra a pinta tena boa. Xa che contarei.
ResponderEliminarBIcos
Xa está listo. QUedou ben e ten moi bo sabor, a ver que me din os catadores. Probei algo morno e aínda tiña moita graxa, necesitaría estar mái frío para que non se lle note tanto a graxa.
ResponderEliminarNOn quedou moi alto, pero está ben. A diferenza do teu ten a miga máis apretada, maís compacta, tipo o de delokos, ó teu véselle máis esponxadiña.
Grazas pola receita e xa o verás cando o publique
Alégrame moito que che gustase. Estou desexando ver o resultado no teu blog.
ResponderEliminarBicos ;)